Pequena igrexa construida no 1710 e
situada na base do monte da Peneda, posúe uns preciosos retablos
cheos de cor e luz que dan un aire moi acolledor ó seu interior.
O adro atópase
acondicionado cun xardín onde destaca a presencia de abetos,
unha oliveira, acivros, teixos e uns magníficos cedros, así
coma diversos elementos etnográficos que fan deste lugar un pequeno
museo ó aire libre.