No lugar de Soutoxusto (en tempos freguesía
anexa á do Viso) fica a capela adicada a San Vicente mártir, que
antano foi propia do morgado do conde de San Román. Durante todo o séc.
XVIII e primeiro terzo do XIX pasou por longos períodos de abandono, de
xeito que en tódalas visitas episcopais mándase que mentres non
se repare se absteñan de celebrar nela. Nembargante, en 1754 o abade -con
excesivo optimismo- consideraba que estaba útil, engadindo que a devoción
do santo titular chama a concurso de moito pobo no día da súa festividade.
Cara 1850 estaba cargada con dúas misas cantadas o 22 de xaneiro de cada
ano, celebración do San Vicente.
Bibliografía:
X. Miguel González. "As vellas ermidas redondelanas. Unha aproximación
histórica" (http://www.ipdca.com/internovas/)